Trisquel é unha distribución Linux que foi feita pola Universidade de Vigo, coa colaboración da Facultade de Cencias de Ourense e a Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense., e tamén ca colaboración da empresa Sognus e a comunidade de voluntarios.
Polo seu compromiso de usar somentes Software Libre foi recomendada e incluida na lista de distribucións Linux da GNU/FSF.
Mais logo de esta introdución imos ver como é a versión 2.1 que saiu recientemente usada dende o propio CD que se pode descargar desde este enlace, e sin ter que modificar nada no noso ordenador, mais que a secuencia de arranque poñendo a unidade de CD/DVD antes do disco.
Dous exemplos para pcs con BIOS Phoenix ou BIOS Ami


- Camdo o pc arranca co CD do Trisquel a primeira imaxe que vemos é:
onde da a opción dos idiomas que se poden escoller. Pulsando F3 temos:
onde podemos escolle-lo noso teclado. Pulsando F4 podemos escoller certas variantes por si temos problemas co arranque normal:
A continuación xa podemos empezar a proba-lo Trisquel para o cal marcamos a primeira opción:
Dende aquí tamén temos a posibilidade de comenzar a instalación no noso disco do ordemador maís primeiro imos ver que é o que nos ofrece e si temos algún problema cando teña que detecta-lo noso hardware, sin que modifique nada do que temos neste momento.
Logo de uns segundos onde se mostra esta imaxe:
Presentasenos esta outra que é o escritorio deste Sistema Operativo:
Onde vemos a barra de tarefas na parte inferior, uns cantos accesos diretos, entre eles un para facer a instalación no noso disco, e otro para detectar redes, para poder conectar o noso ordenador con outros ainda que utilicen Windows.
Imos ver agora cales son os programas que veñen instalados para as diferentes tarefas.
Para ofimatica:
Para Internet:
Onde ademais dos tipicos Firefox e mais Evolution para xestiona-lo noso correo, ven instalado o cliente P2P amule, o programa de mensaxeria Pidgin para usalo coa nosa conta de Mesenger, un programa para poder “chatear” e o final un cliente para facer descargas co protocolo Torrent.
Imaxe:
Onde temos un programa coma Gimp que serve para retocar fotos, Gthumb para velas ou gardalas en albuns, Inkscape para facer debuxos, ou xsane para poder facer capturas con un scanner e Cheese para facer capturas de imaxes ou videos cunha camara web.
Son e vídeo:
Con programas para grabar cd ou DVD, facer grabación de son dende un microfono ou calquera outra fonte de son, un reproductor de música sencillo coma Audacius, ver vídeos e filmes con Toten, ver a tv se temos instalada unha tarxeta receptora. Se queremos poder utilizar Elisa media Center teremos que ter unha tarxeta gráfica compatible para activar a aceleración 3D. Por traballar somentes con software libre non toda-las tarxetas gráficas permitiran esto pois os fabricantes non liberan a información nin as licencias para poder facelo.
Deixei para o final falar de Rhythmbox, un programa que pode xestiona-la nosa música e tamén poder escoitala a través da rede. Ven configurado cos portales de música libre Jamendo e mais Magnatune de xeito que podemos escoita-lo seu catalogo sen sair de Rhythmbox.
Accesorios:
Con ferramentas varias coma o acceso a terminal, capturador de pantalla, editor de textos, ver os traballos pendentes de impresión, calculadora, diccionario, etc.
Vemos que cunha rapidez considerable para traballar somentes coa memoria do noso ordenador podemos facer case todas as tarefas basicas que desenrolamos no fogar e cun aspecto agradable e sinxelo.
Penso eu tras esta proba, que penso superada, e o compromiso co software libre, que a Xunta de Galicia deberia dirixir o seu apoio hacia esta distribución e non ir repartindo os cartos para contentar a uns e outros de xeito que eses cartos non somentes serviran para manter o equipo de traballo senon tamén as tarefas de divulgación entre a xente.
Por hoxe pechamo-la sesión

Comentarios recentes