Moita xente participou na mañán do día 29 de Marzo, na manifestación da Coruña.
Foto de RomanRomeral
Na Coruña, coma noutras moitas cidades do mundo celebrouse hoxe unha manifestación para reivindicar o control dos poderosos pola maioria da xente: “Somos o 99 %”
A participación foi moi ampla e na foto vese como enchiamos un dos sentidos da Av. da Marina.
Xa logo na Praza de Maria Pita leuse un comunicado, no so de reivindacación mais tamén de solidaridade con todolos pobos que están a sofrir fame e miseria no mundo. “A pobreza é un delito” coreose na Praza polos mais de mil asistentes.
Un paso mais nesta loita que comenzou na primavera por un mundo mellor, en contra da corrupción tanto politica coma empresarial e financieira.
Na xuntanza que se está a celebrar na cidade de Sevilla ven de ser incluida dentro da lista de Monumentos Patrimonio da Humanidade que fai a Unesco, a nosa Torre de Hércules á cal se lle reconoce que durante dous mil anos ven cumprindo o seu labor de faro e guia para a xente do mar.
A Torre de Hércules vense a sumar a Santiago de Compostela ó Camiño de Santiago e mais as Murallas de Lugo.
Onte celebrouse coma sempre a noite de San Xoan e coma fai uns anos na Coruña, moita xente xuntase na praia pra face-las cacharelas, e poder facer tamen o rito do baño das nove ondas.
Fai anos esta festa celebrabase nos barrios e en cada rua xuntabamonos os nenos pra face-la nosa cacherela nas zonas onde non había ruas asfaltadas. Agora que xa non temos ningunha zoa a campo a solución para os novos de agora foi face-la festa na praia.
Comentarios recentes